Os cambios de tráfico no centro de Sanxenxo melloran a movilidade, segundo o Concello
Por Redacción
Os cambios no sentido do tráfico no paseo de Silgar e nas rúas da contorna cumpren unha semana e desde o Concello de Sanxenxo están "moi satisfeitos" co resultado.
O goberno local admite que nos primeiros días "houbo confusión, pero en ningún caso houbo caos". O principal obxectivo dos cambios pasa por mellorar o acceso á zona máis comercial e hostaleira dos vehículos que chegan pola rotonda de Arnelas, que anteriormente tiñan que percorrer toda a rúa Progreso e a Avenida de Madrid para chegar ao porto. "Agora o acceso é máis directo e rápido", xustifican.
Facilitar o acceso de vehículos ao centro senxenxino non está rifado, explican desde o Concello, coas humanizacións e ampliación de espazos peonís.
Sobre o establecemento de dous sentidos na Avenida de Madrid, o executivo sanxenxino argumenta que o fan para facilitar o acceso aos comercios e ao mercado. Ademais, a mellora da praza de abastos incluirá un aparcadoiro de varias prazas que necesitará un bo acceso.