Paso a paso polas fragas e carballeiras de Antas
Por Redacción
Unha trintena de persoas participaron este xoves na primeira actividade do proxecto 'A Lama Paso a Paso', unha andaina polas fragas e carballeiras de Antas que inaugura dous meses de rutas, encontros e actividades ao aire libre.
Esta primeira actividade consistiu nun percorrido de 5,5 quilómetros coa intención de que os participantes adquiriran novos coñecementos e compartiran experiencias relacionadas co patrimonio natural do municipio e o sendeirismo.
Ademais, aprenderon nocións básicas de aplicacións móbiles destinadas ao esparcemento no medio natural coma Google Maps, Wikiloc, Geocaching, Marcaxe e Sinalización, Cartografía, Brúxulas ou Apps para móviles coma GPS Status, Geo Tracker.
Os participantes foron recibidos no punto de saída polo concelleiro de Cultura e Deportes, Daniel Vidal; a técnica municipal responsable da OMIX, Cristina Villaverde; e os monitores da empresa Alecrín.
Este proxecto foi posto en marcha pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) co financiamento da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social co obxectivo de promocionar os valores medioambientais, paisaxísticos e culturais que atesoura o municipio, ocupándose sempre de potenciar comportamentos e actitudes positivas entre as persoas máis novas.
Os interesados en participar nesta iniciativa poden dirixirse á OMIX de A Lama ou poñerse en contacto chamando ao teléfono 986 76 82 38 (extensión 4).