Auxilian unha embarcación de recreo cunha vía de auga na ría de Arousa
Por Redacción
Unha embarcación de recreo tivo que ser auxiliada este xoves en plena ría de Arousa para evitar unha situación de risco para a súa integridade ao sufrir unha vía de auga.
A patrulleira do Servizo Marítimo da Garda Civil acudiu en axuda dos ocupantes do barco, ao redor das 20:30 horas da tarde.
Os efectivos de emerxencia, entre os que tamén se atopaba Salvamento Marítimo, conseguiron realizar unha reparación de emerxencia para conter a situación.
Finalmente tras conseguir estabilizar a vía de auga, a embarcación foi finalmente remolcada polo Salvamar Sargadelos ata o porto basee de Ribeira.