Marín adapta as súas atraccións para persoas con autismo
Por Redacción
Os veciños de Marín están inmersos nos preparativos das Festas do Carme. No recinto portuario as atraccións da feira xa están montados e os técnicos de Enmacosa revisaron que se cumpran todas as medidas de seguridade. Pero a principal novidade desta cita é que, por primeira vez, a festa estará adaptada a persoas con trastorno do espectro autista.
Cada día, entre as 18 e 19 horas, os responsables das atraccións apagarán a música para que estas persoas poidan gozar da festa. O ruído que adoita rodear este tipo de feiras impídelles asistir pola súa hipersensibilidad. Con esta iniciativa, que parte dunha petición veciñal, o goberno local busca a adaptación das festas patronais a todas as persoas.
No referente ao control das atraccións, os técnicos comprobaron que os feirantes tiñan toda a documentación en regra. Tras cotexar os papeis, os operarios procederon a revisar o estado das instalacións, prestando especial atención á estabilidade das estruturas e ao bo funcionamento dos peches.