Unha persoa resulta ferida tras caer dun cabalo en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida e tivo que ser trasladada ao Hospital Montecelo por mor das lesións sufridas tras caer dun cabalo cando montaba no lugar de Castros, no termo municipal de Cerdedo Cotobade.
Segundo a información facilitada polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias ( CIAE) 112 Galicia, os feitos producíronse sobre as 10.15 horas neste lugar da parroquia de Quireza. Un particular chamou ao 112 pedindo axuda para asistir a unha persoa que se acababa de caer dun cabalo.
Tras pasar o aviso ás 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil e aos membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Estrada e de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade, decidiuse mobilizar ao helicóptero medicalizado con base en Santiago, que tomou terra no mesmo lugar dos feitos.
Finalmente, segundo a información recibida no CIAE, o ferido foi trasladado en ambulancia ata o Hospital de Montecelo.