A recollida selectiva aumenta un 25% en Pontevedra ata as 249 toneladas ao mes
Por Redacción
Pontevedra reciclou durante o ano 2018 preto de 3.000 toneladas de residuos urbanos.
Estes datos extraídos do informa de Ferrovial Servizos, concesionaria do servizo de recollida de lixos no municipio, supoñen un incremento do 25% con respecto ao ano anterior. En concreto os veciños e veciñas da cidade reciclaron 249 toneladas ao mes, cun incremento de 48 toneladas mensuais con respecto ao exercicio anterior.
Ademais do bo hábito e concienciación dos pontevedreses, o crecemento dun 25% tamén responde o incremento do número de número de colectores de recollida selectiva tanto no ámbito urbano como no rural.
Respecto aos diferentes tipos de residuos, a taxa de recollida de papel, envases e vidro situábase nos últimos anos na cidade nun 8%. Con todo, no que vai de 2019, incrementouse ata un 10%, segundo Ferrovial.
Por categorías en envases nos primeiros meses de 2019 creceuse ata as 80 toneladas ao mes (64 toneladas en 2018); en vidro a recollida chegou ás 90 toneladas/mes (78 toneladas o último ano); e en papel a recollida mantense nunha media de 75 toneladas ao mes.