Evacúan un bañista tras ser reanimado na praia de Silgar
Por Redacción
Un home de mediana idade tivo que ser evacuado de urxencia este sábado tras ser reanimado polos servizos de emerxencia na praia de Silgar.
O suceso tivo lugar pouco antes das 19:00 horas, cando unha persoa que se atopaba na praia decatouse de que o home se atopaba na auga sen moverse.
Os socorristas e médicos que estaban no areal prestáronlle un primeiro auxilio, con manobras de reanimación, ata que chegaron os efectivos de Urxencias Médicas.
Finalmente, recuperado o pulso e tras conseguir estabilizalo, o home foi trasladado ao hospital pontevedrés de Montecelo con pronñostico reservado.
Segundo apuntaron desde o dispositivo de emerxencia, todo apunta a que o home tería sufrido un infarto antes de caer á auga.