"Dragaxe si pero non así", claman APDR e Ecoloxistas en Acción
Por Diego Espiño
A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) e Ecoloxistas en Acción protagonizaron este domingo un acto nas Corbaceiras para explicar a súa postura sobre o proxecto de dragaxe do río Lérez.
"Nós estamos de acordo en que hai que solucionar o problema de sedimentación de lodos na canle do río Lérez pero non estamos de acordo coa maneira coa que se pretende facer", defendeu o presidente da APDR, Antón Masa, acompañado do patrón do veleiro Diosa Maat de Ecoloxistas en Acción, Luís Espello, no paso da embarcación pola localidade.
A súa posición resúmese, continuou Masa, coa máxima "dragaxe se pero non así", xa que piden que se acometa un estudo en profundidade non só de onde depositar os lodos senón das causas que provocan a sedimentación, xa que de non facerse "vai a ser inevitable que se volva a producir", asegura.
"Calquera dragaxe vai ter impacto ambiental tanto físico, como químico, como biolóxico na ría de Pontervedra", defende o representante da APDR, polo que o fundamental é ter claro todos os efectos positivos e negativos antes de acometer un investimento de "esa cantidade de diñeiro".
Defensa da Ría criticou na súa comparecencia a ambigüidade da Xunta de Galicia nas súas declaracións públicas, e asegurou que no caso de valorar a opción de depositar os sedimentos na zona de Sálvora, na ría de Arousa, debería elaborarse un novo proxecto que saíse a exposición pública xa que "sería algo novo", non incluído nos documentos publicados e aprobados con anterioridade.
Relacionadas:
-
Tratar en terra os lodos máis tóxicos, solución para a dragaxe do Lérez?
Por Alejandro Espiño |
-
A voltas cos lodos previstos na dragaxe do Lérez
Por Redacción |
-
Ana Miranda pide á Comisión Europea que vixíe a protección da Illa de Sálvora
Por Redacción |
-
Alfonso Rueda insiste en que a dragaxe do Lérez vai facerse con todas as garantías ambientais
Por Redacción |
-
Os lodos da dragaxe do Lérez depositaranse nun dos puntos autorizados en 1998, segundo a Xunta
Por Manu Otero |
-
O Parlamento insta á Xunta a buscar unha proposta "alternativa e sustentable" para depositar os lodos que retiren do Lérez
Por |
-
A Xunta asegura que non hai "decisión firme" sobre a dragaxe do Lérez
Por Redacción |
-
O Club Naval espera que a Xunta de luz verde á dragaxe do río Lérez
Por Oskar Viéitez |