Alfonso Rueda insiste en que a dragaxe do Lérez vai facerse con todas as garantías ambientais
Por Redacción
Se nas últimas horas, a Asociación pola Defensa da Ría (APDR) e Ecoloxistas en Acción criticaban a ambigüidade da Xunta de Galicia sobre o lugar en que se depositarán os sdimentos que se retiren na operación de dragaxe do Lérez, este luns o vicepresidente da administración autonómica, Alfonso Rueda, garantía que se tomarán todas as medidas ambientais necesarias para este proceso.
Rueda afirmou que se trata dunha intervención "necesaria" e apuntaba que o máis fácil sería non facer nada e así evitar problemas, pero a Xunta entende que ten que acometer estes traballos de eliminación de lodos no fondo da ría e na desembocadura do Lérez. Neste sentido, confirmou que se levará a cabo con todas as garantías ambientais e cos investimentos necesarios.
Asegura que a actuación vai levarse a cabo con todos os "informes necesarios" e asumindo os prazos que marquen os técnicos. E aclarou que se trata dunha dragaxe que non ten como obxectivo "prexudicar a ninguén". Tamén insistiu en que a conselleira do Mar Rosa Quintana xa tiña afirmado que os sedimentos serán depositados nun espazo que non cause problemas de carácter ambiental.
Relacionadas:
-
Tratar en terra os lodos máis tóxicos, solución para a dragaxe do Lérez?
Por Alejandro Espiño |
-
O BNG propón que os lodos da dragaxe do Lérez se traten en terra
Por Redacción |
-
A voltas cos lodos previstos na dragaxe do Lérez
Por Redacción |
-
"Dragaxe si pero non así", claman APDR e Ecoloxistas en Acción
Por Diego Espiño |
-
Os lodos da dragaxe do Lérez depositaranse nun dos puntos autorizados en 1998, segundo a Xunta
Por Manu Otero |
-
O Parlamento insta á Xunta a buscar unha proposta "alternativa e sustentable" para depositar os lodos que retiren do Lérez
Por |