Tres anos de cárcere e sete de inhabilitación para o funcionario que pedía "regalitos"
Por Redacción
Tres anos de cárcere e sete de inhabilitación para emprego ou cargo público. É a condena imposta a Francisco Javier M.B., o funcionario da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, que en 2016 recibiu pagos pola tramitación de permisos de residencia.
A sentenza, que divulgou este luns o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tamén lle impón unha multa de 5.400 euros. O fallo da sección segunda da Audiencia chega dúas semanas despois de que un xurado declarárao culpable dun delito continuado de suborno.
Os maxistrados sinalan que o xurado considerou que o sospeitoso, "durante a realización de funcións propias do seu traballo e sen ningún dereito", solicitou e recibiu diñeiro de varias mulleres para a tramitación dos seus expedientes.
En concreto, unha das afectadas entregoulle 150 euros e outra delas, 50. A unha terceira muller pediulle outros 200 euros, que finalmente a afectada non chegou a entregar porque foi atendida por outra funcionaria.
A Audiencia, que rexeitou suspender o seu ingreso en prisión, ordena tamén ao acusado devolver ás dúas mulleres o diñeiro que lle entregaron.
Relacionadas:
-
Confirman os tres años de cárcere ao funcionario que cobrou por permisos de residencia
Por Redacción |
-
O xurado declara culpable ao funcionario acusado de pedir "regalitos" a cambio de permisos de residencia
Por Natalia Puga |
-
Un funcionario da Subdelegación do Goberno proclama a súa inocencia ante o xurado que o xulga por suborno
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Audiencia xulgará un funcionario da Subdelegación do Goberno que pedía "regalitos" a cambio de permisos de residencia
Por Redacción |