Dous mozos recoñecen que vendían cocaína no centro de Pontevedra e líbranse de entrar en prisión
Por Natalia Puga & Cristina Saiz
Dous mozos recoñeceron este martes ante o tribunal da Sección Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra que no ano 2017 dedicábanse á venda de cocaína na cidade de Pontevedra e, tras alcanzar un acordo de conformidade coa Fiscalía, líbranse de entrar en prisión.
Rubén M.S. e José Manuel M.A. enfrontábanse inicialmente a unha pena de catro anos de prisión cada un como autores dun delito contra a saúde pública, pero o acordo de conformidade reduciu esa condena. Rubén M.S. deberá cumprir un ano e seis meses e pagar unha multa de 90 euros e José Manuel M.A., once meses e multa de 20 euros.
En todo caso, ningún entrará en prisión. Tras sentar no banco e recoñecer os feitos, aceptaron a condena e a Audiencia condenarao s coa súa conformidade e acordará a suspensión efectiva da privación de liberdade, a condición de que ningún dos dous cometa outro delito durante dous anos.
Ademais, no caso de José Manuel M.A., para eludir o ingreso no cárcere deberá cumprir 90 días de traballos en beneficio da comunidade. Este acusado deberá cumprir unha pena de prisión menor porque o fiscal decidiu atribuírlle a circunstancia atenuante de confesión tardía.
Unha investigación da Policía Nacional permitiu determinar que entre abril e outubro de 2017 o acusado Rubén M.S. dedicábase habitualmente á venda de cocaína na cidade e que os seus clientes contactaban con el a través de mensaxes de Whatsapp e solicitábanlle a cantidade que querían.
Tamén por WhatsApp concertaban un lugar para a entrega, que adoitaba ser un punto da rúa Martín Códax, o domicilio do propio acusado en Poio ou as proximidades do domicilio do comprador.
O outro acusado, José Manuel M.A., tamén se dedicaba a vender droga. Primeiro adquiríalla ao outro acusado e logo distribuíaa. Algunhas veces consumíaa el mesmo e outras moitas comprábaa para proporcionarlla ao seu irmán, a súa compañeira sentimental ou tamén a terceiras persoas.