Unha furgoneta sen ocupantes precipítase contra a cuberta dun garaxe en Poio
Por Anxo Lourido
Unha furgoneta con máquinas pulidoras precipitábase este martes 9 ao redor das 10.30 horas na zona do Muiño no Concello de Poio. Segundo testemuñas presencias, o condutor do vehículo deixárao aparcado en Camiño Abal, unha rúa con pendente, nas proximidades ao domicilio da súa sogra. Alí colleu a súa moto para desprazarse ata a súa vivenda situada noutro punto da localidade.
Aos poucos minutos, o balbordo provocaba a alarma do vecindario. A furgoneta desprazarse ao redor de 100 metros desde onde se atopaba estacionada ata precipitarse por un desnivel envorcando sobre a cuberta dun garaxe situado en Camiño Vilanova. Os familiares do condutor pensaron, inicialmente, que o home se atopaba dentro do vehículo. Por este motivo, alertouse aos Bombeiros do Salnés. Finalmente, puido comprobarse que o condutor se atopaba na súa casa e rapidamente se trasladaba ata o lugar, ao igual que o propietario da empresa.
Ata o lugar tamén se desprazou unha dotación da Garda Civil e unha ambulancia, que atendeu á sogra do condutor conmocionada polo susto. Os veciños afirmaban que levan solicitado, durante os últimos anos, unha barreira de protección para o desnivel que se atopa entre as dúas vías, para evitar caídas tanto de peóns como de vehículos.