Moraña abre 19 días de actividades para conmemorar o medio século da Festa do Carneiro
Por Redacción
A programación da Festa do Carneiro ao Espeto, que para a súa 50 edición ten previstas 25 actividades, abrirá este mércores 10 de xullo. O pistoletazo de saída será un obradoiro para a elaboración de cremas artesás para o verán.
A partir deste mércores abrirán 19 días de festa que terán o seu día grande o domingo 28 de xullo, data que se reunirán a unhas 3.000 persoas no emblemático xantar popular na Carballeira de Santa Lucía. A montaxe de toda a loxística necesaria para esta edición xa empezou neste enclave de Moraña.
O programa outorga, como é habitual, especial protagonismo ás actividades musicais e deportivas. Así, haberá concerto folk con As Cantigas de Elena e Ardentía, festival folclórico da man do grupo local de música e baile tradicional Seixebra e actuación da Banda Nova Lira os días 19, 20 e 21, respectivamente.
A verbena do venres 26 contará con La Dimensión e a banda tributo Dr. Queen, a noite do sábado 27 actuarán Dani Barreiro&Friends, Efecto Pasillo e DJ Mark Deluxe con Festa Kioto, mentres que a verbena de peche do domingo 28 estará amenizada por Óscar Ibañéz and Tribo e a orquestra París de Noia.
No eido deportivo, están programadas ata seis competicións diferentes, entre as que figuran o prestixioso torneo de Básquet 3X3, organizado pola Asociación Deportiva Cultural Espeto e que acada a súa 19 edición; o Trofeo de Fútbol en formato triangular; a VII Carreira Carneiro ó Espeto da man do Clube de Atletismo +9 Moraña; e o tradicional campionato de natación.
Ademais, con motivo desta edición especial, o Concello de Moraña tamén vai realizar unha exposición fotográfica e de carteis coa historia da festa ao longo dos seus cincuenta anos. Esta mostra vaise inaugurar o vindeiro luns 15 de xullo ás 20.00 horas na Casa da Cultura e trasladarase, na fin de semana do 27 e 28 de xullo, á Praza do Concello para favorecer as visitas.
A alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, amosou a súa satisfacción polo traballo de todos para conseguir unha programación tan ampla e variada e sinalou que unha celebración coma esta, "das máis prestixiosas e lonxevas de Galicia", merece este esforzo para celebrar o seu medio século de vida.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Dani Barreiro: onte era ciclista, hoxe é músico e mañá é tempo futuro
Por Marisa Ciordia & Mónica Patxot |
-
Récord en Moraña: 23.000 asistentes á Festa do Carneiro ao Espeto
Por Diego Torrado & Redacción |
-
3.500 persoas xuntaranse en Moraña para participar na Festa do Carneiro ao Espeto
Por Redacción |
-
A Festa do Carneiro quenta motores cun concurso de pinchos
Por Redacción |
-
Os 50 anos da Festa do Carneiro ao Espeto xa teñen carteis de promoción
Por Redacción |
-
Moraña promociona o 50 aniversario da Festa do Carneiro ao Espeto
Por Redacción |
-
A Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña busca a declaración de Interese Turístico Nacional
Por Redacción |