Case 30.000 persoas gozaron en Caldas da oitava edición de PortAmérica
Por Alejandro Espiño
PortAmérica pechou a súa oitava edición, celebrada a pasada fin de semana en Caldas de Reis, cun rotundo éxito de crítica e público. Unhas 28.000 persoas, segundo os datos da organización, pasaron pola carballeira do municipio durante os tres días de festival.
A proposta musical, que reuniu a artistas da talla de Andrés Calamaro, Carlos Sadness, Amaia, Rozalén, Madness ou Depedro, contou cunha trintena de concertos que esgotaron entradas en dous dos seus tres días, segundo recolle o informe difundido polo festival.
Sete de cada dez asistentes, que maioritariamente foi público feminino, situouse entre os 25 e 44 anos e procedía principalmente de toda Galicia, aínda que se rexistrou unha gran afluencia de público chegado desde Madrid, case a quinta parte do total.
PortAmérica logrou, ademais, que a ocupación hoteleira en Caldas de Reis e na súa área de influencia alcanzase o 100% e coa súa actividade xeráronse uns 400 postos de traballo.
A gastronomía, que un ano máis foi unha das grandes protagonistas do festival, tamén xerou un gran impacto. Durante as súas tres xornadas, os 35 chefs internacionais que participaron no ShowRocking serviron 35.000 tapas das 62 propostas que presentaron.
Esta oitava edición foi ademais a máis ambiciosa en clave de sustentabilidade. Ás diferentes propostas de economía circular e medio ambiente natural, a xornada de reforestación ou os autobuses gratuítos, PortAmérica sumou innovadoras iniciativas como os vasos sementeiro ou o papel plantable para reducir os residuos xerados.
Relacionadas:
-
PortAmérica 2020 amosa as súas primeiras cartas: Leiva, Rufus Wainwright, Coque Malla ou Sidonie
Por Alejandro Espiño |
-
PortAmérica pon data á súa edición de 2020: 2, 3 e 4 xullo, en Caldas de Reis
Por Alejandro Espiño |
-
Os 'portamericanos' vibran, un ano mais, na carballeira de Caldas
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Sete Festivais Rías Baixas pensados para gozar "da mellor música, nos mellores espazos e coa mellor xente"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
PortAmérica, tres días "para ser felices" cunha combinación "única" de música, gastronomía e natureza
Por Alejandro Espiño |