Recomendan o uso da Variante para volver das praias e evitar o tráfico do centro de Marín durante as festas
Por Redacción
O goberno local de Marín alerta de que durante as festas do Carme está a rexistrar unha afluencia de público continuada á vila, sobre todo durante as noites. Así sucedeu este martes co concerto do grupo pop Pol 3.14, que congregou a numerosos mozos na contorna da Alameda.
Ante esta situación e co incremento das temperaturas, o Concello recomenda aos condutores que, á volta das praias, empreguen a Variante de Marín para evitar retencións de tráfico na estrada PO-551. A intención é que non se condese a circulación no casco urbano ou na avenida de Ourense e en Concepción Arenal.
Para aparcar, o goberno de María Ramallo lembra que existen aparcadoiros alternativos en Ponte Zapal, Concepción Arenal en Cantodarea, Inferniño e República Arxentina, antes do colexio da Laxe. Estes espazos contan con máis de 300 prazas para aparcar de maneira gratuíta dentro do casco urbano.
Ás persoas que residan en rúas achegadas ao centro urbano de Marín se lles recomenda, desde a alcaldía, que vaian a pé ás zonas onde se realizan as diferentes actividades festivas. Este mércores 10, a orquestra El Combo Dominicano congregará a numerosos seguidroes na Praza de España a partir das 23.00 horas.
Relacionadas:
-
Marín, abarrotado polas festas do Carmen, as praias e a visita do Juan Sebastián Elcano
Por Redacción & Diego Torrado |
-
As festas do Carmen de Marín entran nos seus días grandes da man de Efecto Pasillo
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Marín, festa día e noite e para todas as idades polo Carmen
Por Redacción |
-
O pregón de Aarón González dá o pistoletazo de saída ás Festas do Carme
Por Redacción |
-
Marín adapta as súas atraccións para persoas con autismo
Por Redacción |