Cambios na atención de Pediatría durante o verán no Centro de Saúde de Tenorio-Cotobade
Por Redacción
As consultas de Pediatría durante o verán no Centro de Saúde de Tenorio-Cotobade, a partir deste xoves 11 de xullo, realizaranse os martes e os xoves, despois de que a xerencia dos centros sanitarios públicos de Pontevedra coordinase as quendas estivais cos profesionais de Pediatría que atenden neste espazo e no centro de saúde de Forcarei.
Desta forma, o servizo de Pediatría atenderá os luns e mércores en Forcarei; os martes e xoves no Concello de Cerdedo-Cotobade e os venres con horario asistencial repartiranse entre ambos os centros de saúde.
Segundo informan desde a xerencia de Pontevedra e O Salnés, a planificación provisional destinada unicamente durante os meses de verán realizouse en coordinación cos profesionais de ambos os centros co obxectivo de manter un apoio asistencial que se complemente con Urxencias Sanitarias do 061.
Relacionadas:
-
Preocupación pola baixa da pediatra de Tenorio: "non é prudente que os nenos teñan que desprazarse ao Hospital Provincial"
Por Redacción |
-
A Xunta renovará o material de diagnóstico obsoleto das consultas de atención primaria
Por Oskar Viéitez |
-
Monte Porreiro e Barro recuperarán o seu pediatra a partir do 30 de xuño
Por Redacción |