A nova ordenanza do taxi incluirá o transporte a demanda e unha 'tarifa plana' aos aeroportos
Por Alejandro Espiño
Para o goberno municipal implantar o transporte a demanda é unha "prioridade absoluta" neste mandato. O edil responsable de Transporte, Demetrio Gómez, recoñece que será un proceso "complexo" porque "non hai moita experiencia da que tirar" noutros municipios. Así, o primeiro paso será tramitar unha nova ordenanza do taxi.
A actual normativa, segundo Demetrio Gómez, quedou "obsoleta" ante as novidades que incluíu a lei do taxi de Galicia, aprobada en 2013; polo que os servizos técnicos do Concello traballan xa nun novo texto regulador.
Antes diso, explicou o concelleiro, mantívose un contacto "permanente" coas asociacións do sector para coñecer as súas demandas e abriuse un proceso participativo no que se presentaron dúas suxerencias: cambiar o taxímetro por unha APP e que se teña en conta a accesibilidade universal para acceder a este servizo.
Dentro deste traballo incluirase un estudo "moi complexo" para definir o funcionamento do transporte a demanda, especialmente quen pode facer uso deste servizo e para que traxectos.
En principio, será un transporte para as parroquias do rural, terá que solicitarse con antelación -mesmo se creará unha APP- e estará subvencionado polo Concello. Non se descarta poñer en marcha un servizo máis reducido e ir ampliándoo en función da demanda.
Outra das novidades que incluirá esta ordenanza será a posibilidade de establecer unha tarifa plana para viaxes en taxis entre Pontevedra e os tres aeroportos galegos, que mesmo podería estar coordinada con outros medios de transporte.
Relacionadas:
-
A tarifa de taxis de Pontevedra actualizarase para 2021 cunha subida do 2,5%
Por Redacción |
-
O Concello encargará un estudo para determinar como se implanta o transporte a demanda
Por Oskar Viéitez |
-
Os taxistas galegos piden que os vehículos VTC se reserven con tres horas de antelación
Por Alejandro Espiño |
-
Os taxistas ven "difícil" a implantación de Uber ou Cabify en Pontevedra
Por Redacción |
-
Os taxistas, "moi interesados" no proxecto de transporte a demanda que estuda implantar o Concello
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |