As charlas do Plan Director da Garda Civil chegaron este curso a máis de 21.000 persoas
Por Redacción
Un total de 21.352 persoas asistiron durante o curso escolar que acaba de terminar ás actividades organizadas pola Garda Civil no marco do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas na provincia de Pontevedra. Máis de 21.000 persoas que recibiron formación e consellos en materias tan de actualidade como a violencia de xénero, a igualdade, o consumo de drogas, o acoso escolar, os riscos das novas tecnoloxías ou a violencia de xénero.
En total, a Garda Civil de Pontevedra impartiu 446 conferencias durante este curso. A maior porcentaxe de beneficiarios das actividades foron os propios escolares, pois chegaron a un total de 20.201, pero tamén impartiron charlas a 507 profesores e 644 nais e pais de alumnos.
As actividades do Plan Director teñen como obxectivo achegar os servizos públicos de seguridade á comunidade escolar para mellorar a confianza dos nenos e mozos nas Forzas e Corpos da Seguridade do Estado e poñer ao dispor da comunidade educativa a asistencia técnica necesaria para que poida previr e abordar calquera tipo de incidente que poida ameazar a convivencia nesta contorna.
Entre as charlas máis demandadas pola comunidade educativa atópanse as relativas ao uso das novas tecnoloxías e, en especial, o uso das redes sociais. En total, impartíronse na provincia 144 charlas, o 30% do total.
A Garda Civil utiliza as charlas impartidas sobre esta material para transmitir ao alumnado a necesidade de facer un uso responsable destas redes para evitar problemas como o acoso escolar que se produce a través delas ou a difusión de imaxes privadas sen autorización.
A segunda charla máis demandada foi a que aborda o acoso escolar, da que se impartiron un total de 96, en colexios de toda a provincia.
Outras 77 charlas centráronse na violencia de xénero. Con estes talleres trátase de formar aos alumnos no respecto aos dereitos e liberdades fundamentais e nos valores de dignidade e igualdade entre homes e mulleres, así como concienciarlles sobre a necesidade de erradicar condutas violentas no ámbito escolar, buscando o desenvolvemento de condutas prol-activas ao rexeitamento e denuncia destes comportamentos e informarlles dos recursos que dispón a sociedade para axudarlles
Un total de 49 actividades abordaron o consumo de drogas e alcol para concienciar á comunidade educativa dos riscos asociados a ese consumo.
A maiores das charlas ou talleres informativos, este curso académico realizáronse un total de 25 actividades complementarias nos colexios que o solicitaron: 6 exhibicións, 4 xornadas de portas abertas, 12 visitas a centros e 3 exposicións.
Ademais, dentro do marco do Plan Director e ao longo deste curso realizáronse 4.361 vixilancias puntuais nos centros educativos da provincia adscritos á demarcación territorial da Garda Civil, para garantir a seguridade da contorna dos colexios e previr a venda e distribución de substancias estupefacientes.

demais das charlas ou talleres informativos, este curso académico realizáronse un total de 25 actividades complementarias nos colexios que o solicitaron: 6 exhibicións, 4 xornadas de portas abertas, 12 visitas a centros e 3 exposicións.
Ademais, dentro do marco do Plan Director e ao longo deste curso realizáronse 4.361 vixilancias puntuais nos centros educativos da provincia adscritos á demarcación territorial da Garda Civil, para garantir a seguridade da contorna dos colexios e previr a venda e distribución de substancias estupefacientes.
Os responsables do Plan Director fan balance e, ademais, miran cara ao futuro. Este venres deron a coñecer que de fronte ao próximo curso escolar aumentarán as actividades con accións de sensibilización vinculadas coa adicción ao xogo en liña, dado que é un tema que cada vez preocupa máis á comunidade escolar.
O acoso escolar segue sendo un dos problemas que máis incidencia ten nos centros de ensino. Por iso e co obxecto de reforzar o material didáctico que vén utilizando nas charlas, a Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, en estreita colaboración co CPI do Toural de Vilaboa, puxo en marcha o proxecto de gravación dunha curtametraxe para a concienciación dun grave problema: o bullying ou acoso escolar, que cada vez se fai máis presente nas aulas e non entende de idades sexo ou cultura.

Relacionadas:
-
Alumnado do Toural de Vilaboa protagoniza un vídeo sobre acoso que chegará a colexios de toda España
Por María José Pita |
-
VÍDEO.- "Como pais, non só podemos, senón que temos a obriga de controlar as redes sociais dos nosos fillos"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Os alumnos do Toural de Vilaboa gravan unha curta sobre o acoso escolar con Touriñán e David Amor
Por Redacción |
-
Toda a comunidade educativa de Campo Lameiro envórcase contra a violencia de xénero e o acoso escolar
Por Redacción |
-
Educación e uniforme danse a man para loitar contra a violencia machista
Por Redacción |