Os 105 anos de Maximiliano Domínguez
Por Redacción
Non é fácil cumprir os 105 anos e moito menos facelo con tan boa saúde como Maximiliano Domínguez. Este veciño de Sequelo, un dos máis veteranos do municipio, celebrou este novo aniversario rodeado de toda a súa familia.
A alcaldesa en funcións, Conchy Campos, acompañada dos concelleiros Ana Loureiro e Martín Álvarez, acudiron a felicitar a este veterano cuntiense, que soprou as velas nunha gran festa familiar na que participaron os seus fillos, netos e ata bisnietos.
Este veciño de Troáns, sinalan desde o Concello, ten unha saúde envexable e tan só necesita un bastón para axudarlle a camiñar. Iso si, mantén unha gran lucidez mental e non perdoa, entre outras actividades, a súa partida diaria ás cartas.