A Deputación desexa eliminar os plenos organizativos para evitar o "morbo enfermizo" das reparticións económicas
Por Anxo Lourido
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O pleno organizativo celebrado este martes na Deputación de Pontevedra foi unha balsa de aceite na que o grupo de goberno (PSOE e BNG) e o Partido Popular chegaron a acordo sobre os recursos económicos e o persoal que se asignará durante este mandato.
Desta forma, o deputado socialista Carlos López Font explicaba que o gabinete de presidencia contará con 12 postos de persoal eventual, mentres que vicepresidencia terá a 4 persoas, postos "imprescindibles para atender la carga de trabajo", indicou o deputado responsable de economía. en cato ao persoal que se destina aos grupos políticos, tres persoas serán asignadas ao PSOE, outras tres ao PP mentres que ao BNG correspóndelle unha.
En canto ás deddicacións exclusivas, o PSOE contará cunha para presidencia e dez parciais en distintas porcentaxes, o BNG terá unha mentres que o Partido Popular farase con dúas completas, que divide en catro medias, como tiña solicitado.
Jorge Cubela, portavoz do grupo do PP, iniciaba a súa intervención felicitando a todos os Concellos con motivo do Día do Carme e á presidenta pola súa onomástica. Consederou positivo chegar a un acordo para organizar o mandato e desexou que sexa o primeiro de moitos outros acordos ao longo dos vindeiros catro anos, malia que aclarou que non se trata dun cheque en branco porque cumprirán coa súa obriga de facer oposición e disentirán cando sexa necesario porque aínda que non o saiban, non sempre teñen a razón". López Font agradeceu o tono empregado por Jorge Cubela na súa intervención, despois da tensión habitual que se respiraba durante os plenos do anterior mandato.
PETICIÓN AO LEXISLADOR
O vicepresidente provincial César Mosquera foi o primeiro en lamentar durante a sesión que se manteña este pleno que resulta "importante" e cun compoñente "bastante desagradable". Quixo referirse deste xeito á necesidade de que haxa uns regulamentos orgánicos con determinacións económicas e de persoal que eviten votar cada catro anos e airear "con morbo enfermizo" sobre o que cobra cada deputado. Sinalou que esta situación non se produce no goberno central nin nas autonomías e, pola contra, si sucede nas administracións locais.
Ao remate da sesión, a presidenta tamén se sumaba a esta petición de César Mosquera sinalando que é un debate pendente por parte do lexislador do Estado e considera "inxusto" este trato entre o regulamento das distintas administracións. Neste sentido, reivindicou á administración local afirmando que todos os representantes públicos da Deputación "adican moito tempo a facer o seu traballo e sempre está no centro do furacán" e, por este motivo, debería ser a que tivera os recursos regulados.
Cada partido percibirá unha dotación mensual de 2.000 euros como parte fixa, ademais de 900 por cada un dos deputados que integren o grupo.