Nesta ocasión, Diego Álvarez, educador canino, fala do castigo, tanto positivos como negativos. Ao falar desta cuestión expón se é recomendable ou non castigar ao can con agresividade. Posiblemente descoñezas o que é a lei efecto Thorndike e a lei truncada do efecto Thorndike. Escoitando o podcast de PontevedraViva Radio, saberás en que consiste e que efectos conlevan.
Outro interesante aspecto que aborda é o uso dos colares de castigo ou tamén denominados "colares educativos", que poden derivar en perxudiciais consecuencias para o can. Uso que está prohibido en diversos países. No caso de España a normativa limítase á Comunidade de Murcia, Madrid, a cidade de Barcelona e Galicia. Con todo, como explica Diego Álvarez en Podcans "desde 2018, ao unirse España ao convenio europeo de protección de animais de compañía, quedaría prohibido o uso de calquera material e/ou técnica que implique dor, sufrimento ou angustia a un animal de compañía".
E a imaxe que acompaña a este programa é a de 'Choco'. Require adopción e atópase na canceira de Poio. Ten aproximadamente un ano, é un cruzamento PPP, ten boa socialización con outros cans e con persoas; e de carácter algo inseguro. Pódese contactar a través do teléfono 620 14 60 33 ou no correo electrónico: canceira@concellopoio.gal