Núñez Feijóo comprométese a redactar o proxecto da PO-235 en Seixido neste 2019
Por Redacción
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, mantivo un encontro con Jorge Canda, alcalde da Lama, en San Caetano para estudar o proxecto de ampliación e mellora da PO-235, no tramo comprendido entre Seixido e Portela dá Cruz.
O presidente autonómico garantiu que o proxecto se redactará antes de que finalice o ano e asumiu un investimento para estas demandadas obras de preto de 1,5 millóns de euros. Ademais, a Xunta comezará a principios de 2020 os traballos de reforma nesa mesma estrada entre Antas e Seixido.
Jorge Canda mostrábase ao termo da reunión satisfeito con este encontro ao lograr o compromiso da administración autonómica para resolver unha petición veciñal, que se remotan a unha década, para mellorar a conexión entre as provincias de Pontevedra e Ourense a través do alto de Portela da Cruz
Relacionadas:
-
Impulso á mellora da PO-235 na Lama coa redacción do proxecto da terceira fase de actuación
Por Redacción |
-
Convocan os propietarios dos terreos necesarios para a mellora da estrada entre Antas e Seixido, na Lama
Por Redacción |
-
A Xunta licita novas obras na estrada entre Antas e Seixido
Por Redacción |
-
Comeza a fase das expropiacións para a segunda fase da mellora da estrada na Lama entre Antas e Seixido
Por Redacción |
-
Luz verde ás expropiacións para executar as obras da PO-235 entre Antas e Seixido
Por Redacción |
-
1,5 millóns de euros irán destinados á segunda fase de mellora da estrada de Seixido, na Lama
Por Redacción |