O concerto de Comando Foucellas en Cerdedo abre o Verán Cultural de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
O concerto-espectáculo de 'Comando Foucellas' abrirá este sábado 20 de xullo a programación do Verán Cultural e Deportivo 2019 de Cerdedo-Cotobade, que incluirá unha vintena de iniciativas entre os meses de xullo e agosto.
A actuación será ás 22.00 horas na Praza do Concello de Cerdedo, Igual que todas as demais actividades, será gratuíto.
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e a concelleira Lourdes Ovelleiro presentaron as primeiras actividades do programa, que continuará o domingo 21 de xullo coa peza 'Merenda con pan de millo' a cargo da compañía de teatro Migallas. Será ás 19.30 horas na Praza do Concello.
O martes 23 de xullo, ás 19.30 horas, haberá sesión de cine coa película 'Como adestrar ao teu dragón 3' no Centro Cultural de Cerdedo; e o mércores 24 ás 19.00 será a saída da Festa da Bicicleta, que partirá do cruce de Loureiro.
A semana próxima rematará con dúas actividades o xoves 25 e o venres 26. O festivo en toda Galicia haberá unha gran Festa do Neno dende as 17.00 horas na praia fluvial, que contará con inchables normais e de auga, obradoiros, xogos variados, festa da escuma, animación e música. Ao día seguinte, no Centro Cultural de Cerdedo haberá ás 19.30 horas a actividade de animación 'Llilla e Fifo.
Xa de cara á fin de semana, están xa preparadas as festas patronais do Ecce Homo, fixadas entre os días 26 e 28 en Cerdedo.
O Verán Cultural continuará no mes de agosto con actividades centradas en Carballedo. En concreto, haberá unha quincena de iniciativas.
Relacionadas:
-
Cerdedo ultima a programación das Festas do Ecce Homo
Por Redacción |
-
A segunda fase do 'Verán Cultural' de Carballedo contará con 14 actividades en 11 días
Por Almu Dapena |
-
O Verán Cultural de Cerdedo-Cotobade contará con 23 actividades
Por Redacción |
-
As Festas do Ecce Homo de Cerdedo marcan o inicio do Verán Cultural 2018
Por Redacción |