Mozos no despacho de billetes de San Roque: "Somos o futuro da afección de Pontevedra"
Por Marisa Ciordia
"Este ano agradecemos que podamos acudir público máis novo porque somos o futuro da afección de Pontevedra". Así o manifestaba a PontevedraViva un mozo duns vinte anos da cidade que acudía este luns aos despachos de billetes do coso de San Roque a retirar varias localidades para a inminente Feira Taurina da Peregrina. O agradecemento facía referencia ao abono novo e prezo reducido que a empresa xestora da praza pontevedresa está a aplicar este 2019 ata os 24 anos de idade.
Engadía que "desde 2014 aproximadamente, vimos un grupo de compañeiros porque nos parece que o touro é cultura, tradición e están para continuarse" e que viñan botando en falta esas facilidades económicas que se aplican en tantas prazas españolas de primeira, segunda e terceira categoría. Nas últimas edicións a empresa Plazas y Toros aplicara descontos para este sector da afección, pero reclamábase elevar a idade a semellanza doutras feiras.
Esta iniciativa axudou ademais a que durante os días previos, destinados á renovación e retirada de novos abonos, ese abono novo haxa mostrado un "tirón" na venda de entradas para os festexos previstos; segundo fontes da propia praza de touros. En canto as penas, o número de abonos segue manténdose e si se notaron algunhas "baixas" en abonos de particulares. Baixas que se compensan cos primeiros sinalados.
Afeccionado heteroxéneo en canto a idades e procedencias, - tanto da propia capital como de Vilagarcía, Poio ou Cambados - , aseguraron as súas localidades no primeiro día de venda. No que coincidían bo número deles é na preferencia polo último festexo, o do domingo 11 con Morante de la Puebla, Julián López 'el Juli', José María Manzanares e touros de Alcurrucén.
Preguntados sobre a circunstancia de que para esta ocasión eliminárase un dos carteis da feira taurina pontevedresa, as respostas tamén son tan diversas como os afeccionados: "é unha pena que se reduza porque Pontevedra é a única praza que hai en Galicia", "prefiro dúas tardes de calidade que tres flojillas", "entendo que a empresa tomase esa decisión, porque se ve que non enche a praza...", "chocoume o anuncio", "resúltame insuficiente, aínda que mellor ver dous que só unha".
Outra demanda da afección que atendeu a empresa este ano é a posibilidade de realizar o pago con tarxeta. A billeteira seguirá aberta de 10.00 a 13.30 horas pola mañá e de 17.00 a 20.00 horas pola tarde ata as datas dos propios festexos, festivos inclusive.
Relacionadas:
-
Promesa debuxouse en feminino na praza de San Roque
Por Marisa Ciordia |
-
A Feira Taurina da Peregrina arrinca cunha oportunidade para as promesas do toureo
Por Marisa Ciordia |
-
Abren os despachos de billetes da praza de touros, coa novidade do abono novo ata os 24 anos
Por Redacción |
-
O día que o poeta Rafael Alberti se vestiu de luces na praza de Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Pablo Aguado, a novidade dunha feira taurina en Pontevedra que se desinfla
Por Marisa Ciordia |