O Verán Cultural da Lama promove o piragüismo para todas as idades
Por Redacción
O luns 29 de xullo, dentro das actividades programadas no Verán Cultura, o Concello da Lama fomentará a práctica do piragüismo, coa posta en marcha de paseos en piraguas autobaleirables, desde a praia fluvial da Lama e a ponte vella do río Verdugo, para publicalo de todas as idades.
O Club de Piragüismo Vilaboa participará nesta actividade coa intervención de monitores experimentados e de embarcacións para que os asistentes fagan paseos en horario de 17.00 a 20.00 horas. Explicarán aos participantes o tipo de embarcacións que existen e como facer máis eficaz a palada para avanzar na auga.
A actividade gratuíta precisa de inscrición previa nas oficinas municipais da OMIX (teléfono 986.768.238- ext. 4). O prazo para apuntarse finaliza o mércores 24 de xullo ás 14.00 horas.
A praia fluvial do río Verdugo estrea a súa adhesión á Rede Galega de Praias sen fume e mellorou a súa accesibilidade grazas ás últimas reformas realizadas.
Relacionadas:
-
Preto de 180 persoas participarán nos paseos en piragua polo río Verdugo
Por Redacción |
-
O sol e as altas temperaturas animan a 200 persoas a sucar o Verdugo en piragua
Por |
-
O mal tempo obriga a aprazar ao xoves a xornada de piragüismo no Verdugo da Lama
Por Redacción |
-
Unha vintena de menores aprenden a escribir chinés na Lama
Por Redacción |