Trasladan ao hospital unha muller que caeu á auga nos muíños de Barosa por unha indisposición
Por Redacción
Unha muller tivo que ser evacuada nunha ambulancia a un centro hospitalario tras sufrir unha indisposición e caer á auga na zona dos muíños de Barosa, en Barro.
Segundo a información facilitada polo Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, todo sucedeu sobre as 18.15 horas deste luns. Unha persoa particular alertou ao 112 Galicia porque unha muller caera a auga nos muíños da Barosa.
Segundo o relato da testemuña, unha persoa tratou de reanimar á muller ata a chegada dos servizos de emerxencias.
O xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do persoal sanitario das 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros do Salnés e de axentes da Garda Civil. Tamén foron alertados os membros do GES de Valga e Protección Civil de Caldas de Reis e Barro.