Ferida unha motorista nun accidente en Vilalonga
Por Redacción
Unha muller resultaba ferida leve tras rexistrarse un accidente entre un turismo e un ciclomotor na tarde deste luns na estrada PO-504, á altura de Gondar, en Vilalonga (Sanxenxo), segundo informaban desde o Concello de Sanxenxo.
A muller circulaba no ciclomotor e foi trasladada a un centro hospitalario a través dunha ambulancia do Urxencias médicas do 061.
Ata o lugar desprazábanse operarios do servizo de Emerxencias do Concello de Sanxenxo e efectivos da Policía Local.