Salcedo organiza o domingo a súa quinta Festa da Veciñanza Comuneira
Por Redacción
Veciños e comuneiros de Salcedo están de celebración. O antigo campo de tiro da parroquia acollerá o próximo domingo 28 de xullo a quinta edición da súa Festa da Veciñanza Comuneira.
Será cunha ampla programación de actividades na que tamén invitan a participar a todos los veciños do resto do municipio.
A xornada comezará ás once da mañá cunha carreira ciclista polo monte San Martiño, una proba de mini BTT organizada polo Club Ciclista Farto.
Unha hora despois, ás doce do mediodía, os participantes na festa poderán visitar os traballos de construción das cabanas prehistóricas no monte e, ás 13.00 horas, comezará o traballo de talla dunha figura dun xabaril sobre un tronco de carballo situado no campo de tiro.
O historiador Xosé Álvarez Castro será o encargado de dar a benvida ao xantar popular que terá lugar a partir das tres da tarde.
A festa incluirá tamén xogos tradicionais durante todo o día e a animación da charanga A cabeza non para.