Prisión provisional para un relixioso salesiano por tocamentos a menores durante un campamento en Cambados
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un relixioso dos Salesianos de Vigo foi detido e pasou a disposición xudicial por supostamente realizar tocamentos a polo menos seis menores mentres durmían nun campamento de verán en Cambados. O xulgado decretou o ingreso provisional e comunicado en prisión sen fianza como presunto autor dun delito de abuso sexual a menores. Cando menos en dous casos, o xuíz considera que se trata de abusos continuados. Este martes tomouse declaración a catro das vítimas.
Polo menos tres familias de alumnos do colexio Salesianos María Auxiliadora de Vigo formalizaron denuncia por abusos sexuais, uns feitos que ocorrería a semana pasada durante un campamento organizado por este centro educativo en Cambados.
Tras as denuncias presentadas, a Policía Nacional detivo en Vigo o relixiosos sospeitoso, que foi posto ao dispor dun xulgado da cidade olívica. O xuíz, con todo, decidiu inhibirse en favor dun xulgado de Cambados.
O propio colexio emitiu un comunicado tras coñecerse estes posibles abusos a menores e explicou que tivo coñecemento dos feitos o pasado sábado 20 de xullo pola mañá porque varios mozos que participaban nun campamento comunicaron a unha educadora algúns comportamentos inadecuados por parte dun relixioso.
Segundo recoñece a Dirección do centro, estes comportamentos denunciados son contrarios ao Código de Conduta para a protección de menores e adultos vulnerables que se aplica en todos os centros Salesianos, de modo que inmediatamente apartouse do seu traballo cos menores ao salesiano implicado.
O colexio móstrase "consternado" porque feitos así se puideron dar no seo da súa institución e púxose ao dispor da Policía Nacional e as autoridades xudiciais que se fixeron cargo da investigación, "para colaborar con elas en todo o que sexa preciso".
Ademais, mostran a súa "preocupación" e aclaran que "baixo ningún concepto" toleran comportamentos que menoscaben a integridade do seu alumnado.
O persoal do colexio tratou de aclarar o ocorrido falando coas posibles vítimas e as súas familias co obxectivo de poñer en marcha as medidas correspondentes. Ao día seguinte, o domingo 21, mantiveron un encontro con pais dos menores para mostrar a súa "consternación" ante o sucedido, poñerse á súa disposición e ofrecerlles o acompañamento especializado que puidesen necesitar os seus fillos.
A institución iniciou un expediente informativo e abriu unha investigación previa prevista no procedemento canónico. No marco dese seguimento ao caso, este luns reuniuse a Comisión local de protección de menores para seguir o desenvolvemento deste caso.
Relacionadas:
-
Orde nacional e internacional de detención do salesiano condenado a 32 anos de prisión por abusar de menores
Por Redacción |
-
Piden 67 anos de prisión para un relixioso salesiano por abusar de seis menores
Por Natalia Puga |
-
Acusan un pontevedrés de abusar da filla do seu compañeiro de piso
Por Redacción |