A parroquia de Valongo, en Cotobade, terá un novo parque infantil
Por Redacción
O Concello de Cerdedo Cotobade encara a última fase do proxecto de construción e mellora de parques infantís coa tramitación dunha zona de lecer para menores no lugar de Igrexa, na parroquia de Valongo. O goberno local acaba de adxudicar a obra, que ten un orzamento de 42.000 euros.
O proxecto contempla a eliminación dos actuais xogos situados xunto á Casa do Pobo para instalar no mesmo lugar un novo pavimento de caucho, un peche perimetral e catro elementos de xogo consistentes en balancíns individuais e dobres, xirocóptero, bambáns e tobogán. Ao mesmo tempo, a empresa adxudicataria encargarase de mellorar os accesos, colocar nova sinalización e papeleiras.
Desde o goberno que encabeza Jorge Cubela esperan que a duración da obra non supere os 21 días. As instalacións están deseñadas para nenos e nenas de 3 a 14 anos. A mesma empresa acometerá tamén a implantación dunha fonte nas inmediacións do parque, así como dous farois.
“Seguimos cumprindo cos nosos compromisos e xa estamos na fase final do plan de parques infantís, que agora vai chegar merecidamente a Valongo para que vos cativos desta zona poidan gozar dunha zona chea de xogos e homologada para ou seu lecer”, explicou o alcalde, Jorge Cubela.
Este plan municipal fixo realidade xa os novos parques de Viascón, Santa María de Sacos, Borela, Vilanova, Caroi, Carballedo e Cerdedo. Tras a obra de Valongo chegará a quenda do parque de Tenorio e o de Cutián.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade constrúe un novo parque infantil en Valongo
Por Redacción |
-
Viascón estrea unha Casa do Pobo renovada e accesible
Por Redacción |
-
Cubela anuncia máis parques infantís en Valongo, Tenorio e Cutián
Por Redacción |
-
O plan parroquial de Viascón, en marcha cun novo parque infantil
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade encarga un plan para reparar e mellorar a seguridade nos parques infantís
Por Redacción |