O Concello de Sanxenxo construirá un estanque de 80 metros en Punta Vicaño
Por Manu Otero
O Concello de Sanxenxo prepara unha nova actuación no parque de Punta Vicaño. Despois da plantación de especies autóctonas, a concellería de Medio Ambiente pon en marcha a recuperación dun carreiro e a instalación dun estanque de 80 metros cadrados con especies vexetais autóctonas.
Os traballos previstos no vial centraranse na nivelación do firme e a instalación de traveseiros transversais e oblicuos de pedra para evitar a erosión e facilitar a evacuación da auga da choiva. No referente ao estanque, desde o Concello informan que estará situado na zona intermedia do parque e que a auga se derivará desde un pozo xa existente.
A presa terá diferentes profundidades e unha ampla variedade de especies vexetais acuáticas. Ademais, a presenza de auga mellorará o ecosistema existente, sendo un elemento de atracción para certas especies animais que contribuirán a enriquecer e diversificar a contorna.
O orzamento que manexa a concellería de Medio Ambiente para acometer a obra rolda os 48.000 euros e servirá para dar continuidade ás actuacións de mellora realizadas hai uns meses neste parque de 22.000 metros cadrados e que actúa como un auténtico pulmón verde para os núcleos de Sanxenxo e Portonovo.
No ano 2018 levou a cabo unha talla de parte do arboledo existente, principalmente piñeiros, que creceran demasiado xuntos, estaban enfermos e tiñan unha altura que presentaba un perigo para os usuarios do parque. Tal e como se comprometeu o goberno local despois de tallar estes exemplares, procedeuse á plantación de máis de 80 novos troncos de especies variadas como son liquidámbar, ginkgo e haxas. Neste bosque atópanse tamén especies típicas de Galicia como carballos, castiñeiros e acivros, así como aciñeiras e sobreiras.
Relacionadas:
-
Un informe do Areeiro recomenda eliminar sete piñeiros en Punta Vicaño
Por Redacción |
-
As obras no parque de Punta Vicaño avanzan a "bo ritmo"
Por Redacción |
-
Sanxenxo habilita un estanque para atraer aves e anfibios a Punta Vicaño
Por Redacción |
-
A plantación de árbores en Punta Vicaño está a piques de terminar
Por Redacción |
-
Sanxenxo plantará 78 novas árbores no parque de Punta Vicaño
Por Redacción |
-
Medio Ambiente replanta o parque de Baltar
Por Redacción |
-
Piden que o parque de Punta Vicaño sexa catalogado como Zona Protexida Forestal
Por Redacción |
-
Sanxenxo xustifica a talla de árbores de Punta Vicaño con dous informes e por motivos de seguridade
Por Redacción |
-
O Concello levará a cabo unha restauración de arborado en Baltar e Vicaño
Por Redacción |