Unha vintena de menores aprenden a escribir chinés na Lama
Por Redacción
Unha vintena de nenas e nenos do Concello da Lama participan nun obradoiro de escritura en lingua chinesa organizado pola Axencia de Lectura Municipal. Trátase dunha iniciativa promovida pola Xunta e que ten como obxectivo fomentar a lectura entra a población.
Aínda que no programa participaron tamén varias persoas adultas, a maior parte dos inscritos eran menores que tiveron a oportunidade de indagar, a través de actividades ludicas, no mundo da atractiva cultura chinesa.
Ao termo do curso, a maior parte dos participantes mostraron a súa satisfacción por ampliar os seus coñecementos sobre a realidade doutros pobos tan afastados en distancia pero moi próximos á nosa realidade cotiá.