As atraccións do Santiaguiño, sen música unha hora ao día para facilitar a inclusión de menores con autismo
Por Redacción
Seguindo o ronsel das recentes Festas do Carme en Marín, o Concello de Pontevedra anunciou que as atraccións das festas de Santiaguiño do Burgo pararán a súa música unha hora ao día.
Esta medida pretende facilitar a inclusión de nenas e nenos con autismo, a quen os ruídos lles afectan especialmente, e así garantir que poidan gozar das actividades festivas.
Desta forma, tras negociar cos feirantes instalados estes días no Recinto Feiral de Pontevedra, as barracas apagarán a música cada día entre as 19:00 e as 20:00 horas, empezando xa este mesmo mércores 24 de xullo.
Trátase dun paso máis, asegura o goberno local, para lograr que as festas de verán da cidade sexan inclusivas.
O Concello avanza ademais que negociará as mesmas condicións cos feirantes que instalen as súas atraccións nas inminentes Festas da Peregrina.
Relacionadas:
-
As Festas de Santiaguiño enchen de luz a noite do 25 de xullo
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Santiaguiño do Burgo procesiona escoltado por paraugas
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Exame ás atraccións das festas de Santiaguiño do Burgo
Por Redacción |
-
Pontevedra, preparada para tres meses de festa "intensiva"
Por Alejandro Espiño |