Interceptan en Vilaboa un cidadán senegalés que conducía cun carné falsificado
Por Redacción
A Garda Civil interceptaba nas últimas horas a un cidadán de nacionalidade senegalesa que conducía un vehículo pola autoestrada AP-9 cun permiso falsificado.
A través dun control establecido na peaxe da AP-9 no municipio de Vilaboa, os axentes da Unidade de Seguridade Cidadá da Compañía de Pontevedra e o Subsector de Tráfico paraban un turismo Citroën- Xsara, que estaba ocupado por catro persoas. Ao analizar a documentación, os axentes comprobaban que o permiso de conducir estaba falsificado.
O documento, con aparencia de ser expedido en Angola, mostraba a fotografía do condutor pero ofrecía os datos doutra persoa. O condutor interceptado é un cidadán de 33 anos, de nacionalidade angoleña, con domicilio habitual en Vigo.
A Garda Civil notificáballe que ía ser investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria por conducir sen permiso válido e outro, por falsificación de documentos.
As dilixencias instruídas polo GIAT (Grupo de Investigación e Análise do Subsector de Tráfico) da Garda Civil de Pontevedra foron entregadas no Xulgado de Instrución de garda no Concello de Cangas do Morrazo.