Previr violacións en cita e agresións por submisión química, obxectivo da Deputación de cara ao Atlantic Fest
Por Redacción
As violacións en cita son aquelas agresións sexuais cometidas por un amigo ou un coñecido próximo e trátase dun dos casos máis frecuentes de abuso cara ás mulleres. A campaña de igualdade que leva a cabo desde a Deputación de Pontevedra quere facer fronte a estas situacións a través da prevención do mesmo xeito que con aquelas agresións que se producen por submisión química.
De cara ao Atlantic Fest que se celebrará a partir deste venres 26 na Illa de Arousa, a institución provincial lembra a campaña que ten en marcha cos lemas: #LEMBRAEUDECIDOTIRESPECTAS e #CONTACOMIGOEURESPÉCTOTE. En 2018, polo posto da Deputación neste festival pasaron 820 persoas, do total de 8.000 que foron atendidas no marco desta campaña de igualdade. Neste posto infórmase sobre a violencia sexual co obxectivo de concienciar e sensibilizar contra situacións de abuso.
Este ano o punto de información con cinco axentes de igualdade estará instalado a partir das 12.00 horas do sábado 27 ata as 18.30 horas. As técnicas de Igualdade da Deputación tamén mantiveron un encontro no Concello da Illa de Arousa co alcalde Carlos Iglesias e varios representantes da corporación, ademais de con integrantes da Policía Local, a Garda Civil e persoal municipal e do propio festival para analizar o plan de traballo para este evento e establecer ferramentas e protocolos de colaboración e coordinación ante unha posible agresión sexual.
Relacionadas:
-
A Deputación leva a súa campaña para previr agresións sexuais ao Festival Revenidas
Por Redacción |
-
3.000 asistentes ao Atlantic Fest interesáronse pola campaña de igualdade da Deputación
Por Redacción |
-
O universo indie invade a Illa de Arousa a través do Atlantic Fest
Por Redacción |
-
O Atlantic Fest máis comprometido quenta motores para a súa edición de 2019
Por Alejandro Espiño |