A asociación veciñal 'Combarro', molesta polo silencio do Concello no proxecto de reforma da PO-308
Por Redacción
Valentín Silva, presidente da asociación veciñal 'Combarro' do Concello de Poio, mostrou o seu malestar nun escrito sobre a forma en que está a proceder o goberno municipal de Poio en relación ao movemento veciñal. Sinalan que faltan reunións e non se contesta aos numerosos escritos con demandas. En concreto, fan referencia ao proxecto de reforma da PO-308 que acomete a consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia.
A asociación presentara en novembro de 2018 un total de 33 alegacións a este proxecto, no tramo que vai desde a rotonda de Fontenla ata O Covelo. Pola súa banda, o Concello fixera 12 alegacións, segundo manifestan desde este colectivo, que quere saber que seguimento se está a realizar a estes recursos e se é posible realizar unha posta en común de todos eses escritos.
Reclaman do goberno tripartito de Poio explicacións sobre este proxecto e que asuma responsabilidades políticas para coñecer de primeira man como se vai a desenvolver esta obra de relevancia para a seguridade viaria dos veciños desta contorna.
Relacionadas:
-
Moldes lembra a Pontón que a Xunta está a investir máis de 6,5 millóns de euros en melloras da PO-308
Por Redacción |
-
Poio aprobará un Plan de Mobilidade Sostible, base organizativa do tráfico, transporte público e aparcadoiros a 10 anos vista
Por Anxo Lourido |
-
O BNG instará á Xunta para que licite en breve a mellora viaria da PO-308 ao seu paso por Poio
Por Anxo Lourido |
-
Un muro de 10 metros en Raxó crea crispación entre o concelleiro de Urbanismo e a conselleira de Infraestruturas
Por Anxo Lourido |
-
En novembro rematarán as obras de seguridade viaria na PO-308 ao seu paso por Raxó
Por Redacción |
-
A Xunta pide "prudencia" a Poio e que se implique "de forma real" na mellora da PO-308
Por Redacción |