Rescatan a dous menores arrastrados pola corrente mentres practicaban bodyboard na Lanzada
Por Redacción
Tres socorristas e un surfeiro rescataron na tarde deste xoves dous menores que foran arrastrados pola corrente mentres practicaban bodyboard na praia da Lanzada.
Segundo a información facilitada por Emerxencias de Sanxenxo, dous dos socorristas pertencían a este servizo e o terceiro a Emerxencias O Grove.
Os dous menores foron rescatados e atópanse en perfecto estado de saúde.
Nas praias ás que van asiduamente socorristas hai indicacións sobre as correntes e, como sucede en todos os areais, cando o mar non é apto para o baño avísase a través dunha bandeira vermella. Segundo indicaron fontes oficiais do Concello de Sanxenxo, xusto antes do rescate, a bandeira vermella ondeaba na praia da Lanzada.
Desde Emerxencias Sanxenxo fan un chamamento á prudencia dos bañistas e surfeiros para que respecten este tipo de indicacións e non cometan imprudencias.
Relacionadas:
-
Rescatados tres tripulantes dun hidropedal á deriva en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo gastará 685.000 euros na posta a punto das súas praias
Por Oskar Viéitez |
-
Unha falsa alarma sobre un surfista en perigo activa os servizos de emerxencia
Por Redacción |
-
Falece un mozo tras ser golpeado polo mar mentres practicaba kitesurf na Illa de Arousa
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada