Máis dun millón de euros para reformar o Príncipe Felipe, á espera dun traspaso á Xunta
Por Anxo Lourido & Redacción
Carmela Silva, a presidenta da Deputación de Pontevedra, anunciaba este venres que a institución provincial vai investir 1.370.000 euros para mellorar as instalacións do Centro Príncipe Felipe cara ao mes de setembro cando se retome a actividade lectiva con motivo do inicio do curso.
A presidenta insistíu en que todos estes traballos son competencia "exclusivísima" da Xunta de Galicia. Carmela Silva sinalaba o goberno de Rafael Louzán como culpable da situación que atravesa o centro cando o goberno da Deputación asinaba convenios coa Xunta para ter un centro de educación primaria de titularidade autonómica pero cos gastos de conservación e mantemento financiados pola Deputación. A presidenta provincial considera esta situación "incualificable".
Desde a Deputación, o goberno afirma que seguirá a apostar polo Centro Príncipe Felipe para que se atope nas mellores condicións á espera de que se leve a cabo a transferencia de competencias coa Xunta. Carmela Silva anunciaba tamén que estes traballos serán os primeiros os primeiros dunha serie que se acometerá ao longo deste mandato.
Entre outras obras, van impermeablizarse as cubertas dos patios do Centro Materno-Infantil e da Escola infantil Chupetes; cambiarán o pavimento da cociña e van repoñerse elementos para mellorar os solos e as instalacións de xogos nos parques infantís do CEIP, da Escola Infantil e do Centro Materno-Infantil. Tamén se atopan xa en fase de licitación os investimentos nas fachadas do Centro de Educación Especial e do Centro de Acollida Agarimo ao igual que a reforma da instalación eléctrica.
A presidenta indicou que para tratar o tema do traspaso de competencias sobre o Centro Príncipe Felipe agarda primeiro a coñecer a resposta que as consellerías correspondentes, Educación e Política Social, realicen aos deputados, despois de que se manteñan entrevistas. En caso de que vexan posibilidades de que se faga a transferencia, Carmela Silva indicou que falaría co presidente da Xunta. Se faltan garantías para esta operación non solicitaría o encontro con Núñez Feijóo: "Non estou disposta a perder o tempo", afirmou.
Relacionadas:
-
A Deputación esixe á Xunta negociar a transferencia do Centro Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
260.000 euros para reparar a cuberta e a fachada do auditorio do Centro Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
Adxudicadas obras no Príncipe Felipe por 822.000 euros
Por Redacción |
-
CC.OO. acusa a Carmela Silva de crear "alarma e incerteza" no persoal do Centro Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
A Deputación renovará a fachada e a cuberta do auditorio Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
A Deputación repara as fachadas do Centro Agarimo e do Centro de Educación Especial en Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
Abre o prazo de inscrición para participar nos campamentos polideportivos no Príncipe Felipe
Por Redacción |