A caza perde a metade das súas licenzas en Pontevedra nas dúas últimas décadas
Por Redacción
A provincia de Pontevedra queda sen cazadores. Desde 1997 o número de licenzas de caza na provincia de Pontevedra reduciuse nun 56 %, pasando de 21.640 permisos a 9.350. Un descenso que empregan a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber para esixir a supresión das subvencións públicas a este colectivo.
En base aos datos recollidos pola Consellería de Medio Ambiente, nos que pode constatarse o descenso xeneralizado do número de licenzas nas catro provincias galegas, ambos os colectivos piden á Xunta que esta práctica non sexa considerada como deporte e deixen de financiar "crueis campionatos para masacrar raposos".
Os animalistas critican que, a pesar de que o colectivo de cazadores reprenta menos do 1 % da poboación pontevedresa, gozan de privilexios como participar en mesas de traballo coa Xunta. Tampouco están de acordo coa petición de que os menores de 14 anos poidan saír ao monte para cazar.
Relacionadas:
-
O Concello de Poio postúlase en contra dos campionatos de caza do raposo
Por Oskar Viéitez |
-
O xabaril, o abandono do monte e as enfermidades reducen as poboacións de coello
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Critican as exhibicións de cetrería, o uso da praza de touros e os desfiles de animais na Feira Franca
Por Redacción |
-
O Monte Coirego acolle esta fin de semana a Festa do Cazador
Por Redacción |