CC.OO. acusa a Carmela Silva de crear "alarma e incerteza" no persoal do Centro Príncipe Felipe
Por Redacción
O sindicato Comisións Obreiras, maioritario na Deputación de Pontevedra, fai un chamamento á responsabilidade dirixido á presidenta Carmela Silva despois de sinalar que á Xunta de Galicia lle debería corresponder a xestión do Centro Príncipe Felipe.
O sindicato que en Pontevedra lidera José Ramón Piñeiro fai un chamamento á presidenta da Deputación alegando que cando fala da transferencia á Xunta de Galicia da Cidade Infantil e doutros centros da institución provincial crea "alarma e incerteza" nos traballadores. Sinalan que o persoa non sabe en que medida os seus dereitos e condicións laborais veríanse afectadas. Critican tamén que se trate de "anuncios baleiros de contido" que inquietan ao persoal.
Reclaman unha mesa de negociación da presidenta cos representantes sindicais para tratar a hipotética transferencia ao goberno autonómico do Centro Príncipe Felipe.
Ademais, desde o sindicato denúnciase que, entre as obras previstas pola Deputación nas instalacións do Centro, non se contempla a reparación das "gravísimas deficiencias" do Centro de Educación Primaria. Segundo sinalan, isto provocará que algúns pais eviten matricular aos seus fillos nun centro onde a súa integridade física corre perigo. Tamén crítican que se inicien as obras no mes de setembro en lugar de facelo neste mes para que se adianten ao comezo do curso escolar.
Relacionadas:
-
CC.OO. concéntrase ás portas da Deputación para pedir á presidenta "que practique a igualdade"
Por Redacción |
-
Máis dun millón de euros para reformar o Príncipe Felipe, á espera dun traspaso á Xunta
Por Anxo Lourido & Redacción |
-
CC.OO aposta polo diálogo para cambiar a situación laboral de "ilegalidade permanente" na Deputación
Por Anxo Lourido |