Denuncia un roubo no seu enderezo e remata detido como líder dunha rede de venda de drogas en Barrantes
Por Redacción
Axentes da Garda Civil desarticulaban nas últimas horas un importante punto de venda e de distribución de estupefacientes que se levaba a cabo nunha casa de Barrantes, no Concello de Ribadumia. Durante o rexistro se incautaron preto dun milleiro de dose de cocaína, ademais dunha importante cantidade de cartos en efectivo.
Foron detidas tres persoas no marco da operación, que se denomina 'Oreo', entre as que se atopa o propietario da vivenda. Ademais comezou unha investigación doutras tres persoas, todas relacionadas cun delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas.
Todo o operativo iniciábase a finais de 2018 a raíz de que o propietario da casa denunciara que sufrira un roubo con violencia e intimidación no seu domicilio por parte de dous homes encapuchados. Afirmaba que lle subtrairan unha importante cantidade de diñeiro tras atarlle as mans cunhas bridas.
A Garda Civil iniciaba a investigación e comprobaba que o denunciante, de 39 anos de idade, se dedicaba á venda e distribución de droga tanto no seu domicilio, situado nunha rúa céntrica de Barrantes nas proximidades dun parque público, como tamén varios establecementos de zonas de lecer nos concellos de Sanxenxo e de Cambados.
Unha vez obtidos os indicios suficientes, os axentes detiñan o dono da vivenda e rexistraban o domicilio onde se aprehendieron preto dun milleiro de dose de cocaína, ademais de 3.600 euros en efectivo e diferentes ferramentas para preparar e manipular substancias estupefacientes.
A operación 'Oreo' remataba coa desarticulación do armazón que cooperaba co residente en Barrantes na distribución e venda da droga. Desta forma producíanse dúas detencións máis e tres investigados, todos veciños de Cambados e Ribadumia. Incautáronse tamén 14 teléfonos móbiles e dous vehículos.
Os detidos foron xa postos en liberdade coa obrigación de acudir ao Juzagado de Instrución de garda en Cambados, onde se tramitan as dilixencias deste caso.