3.000 asistentes ao Atlantic Fest interesáronse pola campaña de igualdade da Deputación
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra trasladaba esta fin de semana ao Festival Atlantic Fest os seus puntos informativos das campañas de igualdade 'Lembra! Eu decido, ti respectas” e “Conta comigo, eu respéctote”.
Esta iniciativa chegaba a 3.000 persoas asistentes a este evento musical. 1.455 mulleres e 1.230 homes, das 5.000 persoas presentes a esta cita, recibiron información das 5 axentes de igualdade, coa repartición de máis de 2.000 guías informativas, máis de 1.100 sombreiros, 2.000 pulseiras e 200 adhesivos. Achegouse público de todas as idades a estes puntos de información.
A campaña 'Lembra! Eu decido, ti respectas' naceu en 2017 coa finalidade de concienciar contra as agresións sexuais en cita e por submisión química, debido ao aumento de ataques contra a liberdade sexual das mulleres, especialmente no caso de eventos de gran magnitude. A idea é sensibilizar e informar sobre a violencia sexual.
Ao mesmo tempo, 'Conta comigo, eu respéctote' busca a implicación dos homes, para que se opoñan ás condutas sexistas e fronte aos agresores. Estas campañas tamén se desenvolveron no 'Sinsal', na Illa de San Simón.