Menores do Avelino Montero necesitan atención médica e policial tras inxerir pastillas e poñerse agresivos
Por Natalia Puga
A Policía Nacional e os servizos sanitarios tiveron que acudir dous días desta semana ao centro de Menores Avelino Montero ante o estado de agresividade e excitación no que se atopaban varios internos que presuntamente inxeriran pastillas.
A primeira intervención produciuse sobre as 20.15 horas deste luns 29 de xullo. O persoal do centro solicitou a presenza primeiro dunha ambulancia e máis tarde da Policía Nacional ante a presenza de dous menores de 16-17 anos que se atopaban agresivos.
Segundo puido saber PontevedraViva, os menores regresaran dun permiso de fin de semana fóra do centro e inxeriran pastillas -descoñécese exactamente cales, pero todo apunta a que podería ser éxtase ou anfetaminas- que lles provocaron un estado de excitación e agresividade.
Un deses mozos causou danos na súa habitación e, ao esnaquizar o mobiliario, lesionouse nun pé. Foi antendido por unha ambulancia no lugar e posteriormente trasladado ao hospital Montecelo.
Outro dos mozos estaba na súa habitación con actitude moi agresiva tanto verbal como física. Foi necesario que os policías o reducisen para que puidesen administrarlle unha medicación. A continuación, tamén foi trasladado ao hospital Montecelo.
A segunda intervención, en termos similares, produciuse sobre as 21.40 horas da noite deste martes 30 de xullo. Igual que o día anterior, foron alertados os servizos sanitarios e a Policía Nacional pola presenza de dous menores agresivos tras a inxesta de pastillas.
Resulta destacable que un dos internos implicados foi un dos protagonistas do inciente do día anterior e nesta ocasión estaba semiinconsciente e volveu ser trasladado ao hospital Montecelo. Outro menor foi atendido, pero non trasladado.
Fontes consultadas por PontevedraViva confirmaron que as familias con menores neste centro están moi preocupadas por esa agresividade e pola presenza de drogas ou, polo menos, medicacións non autorizadas nas instalacións e ao alcance dos internos. Alertan, ademais, do risco de que os educadores, persoal de seguridade e resto de mozos ingresados no centro para cumprir medidas xudiciais poidan sufrir agresións.
Relacionadas:
-
O Centro de menores Avelino Montero solicitará á Xunta máis medios para os vixiantes de seguridade
Por Redacción |
-
Catro policías e tres vixiantes para reducir un menor violento no Hospital Provincial
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Proxectan a reforma integral do Avelino Montero e da residencia de Campolongo
Por Alejandro Espiño |
-
Piden á Xunta o arranxo do centro de menores Avelino Montero
Por Redacción |
-
Denuncian un brote de sarna que afectou a "4 ou 5" menores e traballadores do Avelino Montero
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |