Ponte Caldelas pide explicacións ao Goberno e a Telefónica pola falta de fibra óptica en Taboadelo
Por Redacción
A asociación de Mulleres Rurais de Taboadelo trasladaban recentemente ao alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, o seu malestar polo atraso no despregamento de fibra óptica nesa parroquia.
Como consecuencia, Andrés Díaz enviou dúas cartas, unha dirixida ao Ministerio de Industria, Comunicación e turismo e outra destinada a Telefónica España, nas que manifesta a súa protesta oficial.
Actualmente, Taboadelo só conta cun "obsoleto ADSL". A empresa telefónica recibiu a concesión dunha subvención por parte do Ministerio no 2017 e conta ata finais deste ano para levar a cabo a obra de instalación de fibra óptica. Pero ata o momento, segundo denuncia a asociación de Mulleres Rurais, os traballos non se iniciaron. Ante esta situación, a veciñanza témese que se atrase notablemente a posta en marcha do servizo.
O alcalde Andrés Díaz lamenta que as subvencións que serven para impulsar á banda ancha no rural, ao final póidanse converter nun lastre. O rexedor convida as empresas multinacionais e, en especial a Telefónica, a que teña a sensibilidade que manteñen os pequenos operadores locais cos seus clientes que son os que permiten a presenza de banda ancha no municipio.