A Festa do Albariño chega a 67 edicións, e subindo
Por Redacción
O acordeonista Salvador Cores, máis coñecido como 'Manso', foi o encargado este mércores de dar o pregón co que deu comezo en Cambados a LXVII Festa do Albariño.
Será o primeiro ano no que a popular celebración conte con catalogación de festa de interese turístico internacional.
O Paseo de Calzada é como cada ano punto neurálxico das celebracións coas casetas da D.O. Rías Baixas, pero non será o único atractivo.
A programación musical durante as próximas xornadas arrincará con Treixadura (día 31) para seguir por esta orde por Christina Rosenvinge (1 agosto), Luz Casal (día 2) e Siniestro Total e Mala Rodríguez (día 3), actuacións que terán lugar na Praza de Fefiñáns con entrada gratuíta.
Segundo sinalou o Concello de Cambados para esta edición incrementouse a seguridade e a hixiene instalando máis aseos públicos e falando coa empresa de limpeza para incrementar as súas actuacións. Ademais vanse a instalar barreiras anticontaminación marítima para facilitar a recollida do lixo que poidan arroxar ao mar.
Outra das novidades é a instalación dun segundo punto morado durante os días de festa no que se podrña denunciar calquera agresión, explicaron desde o goberno local.