A escuma festeira leva a diversión infantil ao Concello da Lama
Por Redacción
Decenas de menores viviron unha intensa xornada de diversión durante este mércores, último día de xullo, na Festa Infantil organizada polo Concello da Lama na Alameda.
Trátase dunha das actividades que figuran no Verán Cultural con múltiples propostas como xogos inchables xigantes, un touro mecánico e a sempre agardada Festa da Escuma, que provocou o goce entre os máis pequenos.
A festa rematou cun espectáculo de maxia. Dous concelleiros do Goberno local, David Carrera e Daniel Vidal, acompañaron os monitores durante todo este evento lúdico en que se incrementou o número de xogos respecto a anos anteriores, cun circuíto de triciclos e un novo espazo con piscina.