Aparece calcinado en Poio un vehículo roubado na festa do Albariño e que se deu á fuga nun control policial
Por Natalia Puga
A Garda Civil mantén aberta unha investigación para aclarar todas as circunstancias que rodean o roubo e posterior incendio dun vehículo que apareceu totalmente calcinado este xoves no lugar de Fragamoreira, en Poio.
O vehículo foi subtraído de madrugada en Cambados, coincidindo co inicio da Festa do Albariño, pero, antes de chegar a Fragamoreira, tivo un periplo por outros puntos da comarca.
Así, segundo fontes da investigación, este xoves, durante a mañá, foi detectado pola Policía Nacional no poboado do Vao. Unha patrulla tentou darlle o alto, pero nese momento deuse á fuga.
Horas máis tarde, ao mediodía, declarouse un incendio na zona de Fragamoreira e, cando os equipos de extinción chegaron ao lugar, atoparon no lugar un vehículo totalmente calcinado.
Agora a Garda Civil investiga o ocorrido e busca aos autores do roubo e posterior fuga e incencio. Todo apunta a que se trata dun lume intencionado.
Relacionadas:
-
Deteñen o sospeitoso do incendio dun coche que apareceu calcinado en Poio e atribúenlle máis roubos na mesma noite
Por Redacción |
-
A Garda Civil constata que os furtos descenderon un 80% na Festa do Albariño este ano
Por Redacción |
-
Unha noite na Festa do Albariño: 100 denuncias, un detido por tráfico de drogas e roupa e calzado falsificados
Por Redacción |