Abertas as inscricións para a Carreira de Rolos de Cuntis
Por Redacción
Ata o próximo día 14 de agosto, ás 20.00 horas, permanecerán abertas as inscricións para participar na terceira edición da Carreira de Rolos que se disputará no centro urbano de Cuntis o próximo día 15 ás seis da tarde.
Esta carreira está organizada polo Concello de Cuntis e conta coa colaboración da Escudería de Motor Cuntis V. T.
Para participar é obrigatorio formar un equipo mixto composto por tres persoas que deberán vestir botas de goma, pantalón curto e chapeu de palla. Para anotarse é necesario enviar unha mensaxe por Whatsapp ao número 685 581 962.
O equipo gañador será premiado con 500 euros, o segundo levará 300 euros, o terceiro, 150; o cuarto, 125; o quinto clasificado, 75 euros e 50 euros para o sexto.