Vicente del Bosque acode aos Milagros de Amil
Por Oskar Viéitez
O exseleccionador nacional de fútbol, Vicente del Bosque culminou as súas vacacións nas Rías Baixas cunha visita ao Santuario da Virxe dos Milagros de Amil, da que se declarou devoto.
Del Bosque, acompañado da súa muller, Trini López, xa acudira á capela de Moraña no ano 2011 para agradecer a consecución da Copa do Mundo. Nesta ocasión o motivo era máis persoal, pois trouxo unha foto do seu neto e do fillo enfermo duns amigos para prender no manto da Virxe.
Tras a celebración dunha misa o párroco Daniel non quixo perder a ocasión para que lle asinase unha camiseta da selección.
Vicente del Bosque estivo arroupado pola Peña Madridista Estradense e o seu presidente e amigo Jaime Pazos, que celebraban o 25 aniversario da súa fundación.