Noite de peñas sen incidentes
Por Oskar Viéitez
Os servizos de seguridade e emerxencias viviron este sábado na cidade unha noite de peñas sen incidentes, tal e como informaron fontes oficiais do Concello de Pontevedra.
Estas mesmas fontes destacaron, en primeiro lugar, que houbo moita menos xente en relación a anos anteriores, tanto en peñas como nas touradas, polo que non se precisou incrementar o operativo especial de tráfico.
A ambulancia que dá servizo na Praza de España entre as 18 e as 02.00 horas, atendeu no lugar a dúas persoas por cortes e feridas. Ademáis foron trasladadas outras dúas persoas ao Hospital Montecelo por intoxicación etílica.
Unha persoa que ía pola rúa cun altavoz foille incautado este aparello e denunciado por ruídos ante o Concello e por desobediencia ante a Subdelegación do Goberno.
Finalmente, dende o Concello informaron que durante esta xornada foron instalados dous controis de alcohol e drogas e as probas practicadas foron todas negativas.